Isabel Risco transfórmase este xoves en Santiago na superheroína Nabiza Girl

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press
Isabel Risco como Nabiza Girl

Isabel Risco como Nabiza Girl

O pub Ultramarinos, en Santiago, acolle este xoves a partir das 22,00 horas a actuación de Isabel Risco, que se converterá na superheroína Nabiza Girl nun monólogo dunha hora de duración.

No espectáculo, cuxa entrada custa 4 euros, a protagonista é un personaxe inventado pola intérprete que, co paso do tempo, configurou un dos seus álter ego artísticos.

O humor, a idiosincrasia galega e as historias absurdas mestúranse na pel de Nabiza Girl, unha superheroína do rural galego con denominación de orixe protexida e cuxos poderes proceden do sulfato.

28 de xaneiro de 2015 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.