Isabel González gaña o quinto sorteo da campaña Estrela
Tralo sorteo efectuado este mediodía na sede social da asociación, a gañadora do quinto vale de 300 € foi Isabel González Álvarez quen recollerá o seu premio o vindeiro luns día 2 de febreiro ás 13 horas, na sede social da asociación, das mans da Presidenta do CCA Estrela de Marín Dª Isabel Torres Pazos e da Directora da Oficina de “La Caixa” Dª Natalia Queimaño Piñeiro. A gañadora disporá dun mes para canxear o vale, en calquera dos establecementos participantes. A Campaña Estrela 2014, lévase a cabo cos obxectivos de fomentar as compras nos establecementos asociados e de premiar a fidelidade dos clientes, puxemos en marcha, dende o día 1 de setembro e ata o 30 de xuño de 2015, a VII Edición da Campaña Estrela. O seguinte sorteo efectuarase o 27 de febreiro. Por outra banda, comentarvos que o martes 3 de febreiro ás 13.00 horas, celebrarase o sorteo da campaña “A Costa de Xaneiro, Mellor con Diñeiro”, no que se premiarán a 5 clientes cun total de 500 € en vales compra (1 de 200 €, 2 de 100 € e outros 2 de 50 €). Para este sorteo contaremos coa presenza da Concelleira de Comercio Dª Cristina Acuña González.











