Impulso á promoción de grupos artísticos e culturais cunha nova edición de “Ferrol a Escena”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, ten listas as bases da nova edición do programa “Ferrol a Escena 2015”, iniciativa posta en marcha polo Goberno Municipal co obxectivo de contribuír a difundir e promocionar o teatro, música, foclore, danza e demais manifestacións artísticas a nivel afeccionado así como o seu achegamento ás asociacións veciñais locais. Ao respecto, a comisión informativa de Cultura, Educación, Deportes e Turismo aprobou esta mañá as bases de “Ferrol a Escena 2015”, elaboradas polo edil de Cultura.

García Hurtado explicou que unha vez se publique a convocatoria na páxina web oficial do Concello de Ferrol –www.ferrol.es- a Concellería de Cultura abrirá un prazo de 20 días co obxectivo de que os artistas e grupos do municipio de calquera manifestación artística (teatro, monicreques, música…) poidan inscribirse en “Ferrol Escena 2015”.

As instancias para apuntarse, xunto coa documentación requirida, deben presentarse no Rexistro Municipal do Concello de Ferrol. A continuación, a Administración municipal abrirá un segundo prazo –nesta ocasión de 15 días- para que as asociacións de veciños de Ferrol escollan elas mesmas oito artistas e/ou grupos (incluídos dous de reserva) da listaxe definitiva de inscritos para que actúen nos seus locais sociais ao longo do presente ano.

23 de xaneiro de 2015 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.