Hernández declina replicar ás críticas de Abel Caballero sobre os aeroportos
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, declinou replicar ás críticas do seu homólogo en Vigo, que este mércores criticou o seu posicionamento ao respecto dos aeroportos. “Cousas de Abel”, limitouse a afirmar.
“Non vou entrar en valoracións do alcalde de Vigo. Abel Caballero é Abel Caballero”, respondeu o rexedor compostelano a preguntas dos medios de comunicación sobre as palabras do rexedor olívico, antes de finalizar ironizando con que son “cousas de Abel”.
Caballero criticou este mércores que, cando Hernández era conselleiro, “falaba de coordinación e de acordos”, pero agora, como primeiro edil na capital galega, “pide máis diñeiro” para Lavacolla, e actúa “con Feijóo”, para impulsar o aeroporto compostelano “con diñeiro de todos os galegos”.











