publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Habilítase unha zona para o estacionamento duns 50 vehículos no local da AVV de Viladonelle

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+
Terreo habilitado como aparcamento

Terreo habilitado como aparcamento

O Concello de Neda, a través da Concellería de Obras, habilitou nas últimas semanas unha zona para o estacionamento de medio centenar de vehículos nun terreo anexo ao local social da AVV de Viladonelle. Nesta liña, o alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, explicou que, ata o dagora, a zona de terra e herba na que se levou a cabo a actuación era utilizada xa para ese fin, aínda que con certo perigo. Especialmente nos meses de choiva. Para acondicionar o lugar, o Concello aplicou zahorra. Un cargamento de oito camións necesarios para cubrir a zona de actuación. Así as cousas, o Concello investiu en torno a 3.000 euros para atender unha demanda trasladada pola propia entidade veciñal.

27 de xaneiro de 2015 | 12:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.