Gran éxito de participación no III Torneo ProAm – Galipizza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+
Torneo ProAm - Galipizza

Torneo ProAm – Galipizza

O III Torneo Proam – Galipizza foi celebrado onte na pista central do Multiúsos Fontes do Sar, reunindo máis dun centenar de asistentes nesta cita de compañeirismo, humor e algo de competición.

O campionato enfrontaba, por terceiro ano consecutivo, aos equipos formados por membros do Club de Empresas Obradoiro, peñistas e medios de comunicación, que recibirían, nos seus equipos o pequeno impulso de ter consigo tres xogadores profesionais do Rio Natura Monbus Obradoiro cada un.

A vitoria foi nesta ocasión para o equipo formado polos representantes dos medios de comunicación que cobren a actualidade do equipo a diario. Tanto os finalistas, do Club de Empresas Obradoiro, coma os outros dous equipos formados tamén por membros do Club de Empresas Obradoiro e os peñistas tomaron a derrota con moito humor.

Para irmandarse de novo á conclusión da entrega de trofeos realizada por José Manuel Vázquez, xerente de Galipizza, e Raúl López, presidente do Rio Natura Monbus Obradoiro, todos os presentes gozaron xuntos dunha merenda cortesía de Galipizza protagonizada polas súas peculiares pizzas realizadas con produtos típicos galegos como o polbo, a zorza ou o lacón con grelos.

22 de xaneiro de 2015 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.