Goza os tempos mortos en Fontes do Sar con Star Center e Cenor
Os afeccionados do Rio Natura Monbus Obradoiro volverán mañá a ambientar a Caldeira de Sar para animar o equipo a conseguir a oitava vitoria da campaña ante o Morabanc Andorra (20.00 horas – non televisado).
O Club de Empresas Obradoiro quere que a atmosfera non se arrefríe cando o partido se pare, polo que ofrece aos asistentes diferentes concursos nos que divertirse ademais de gañar fantásticos premios.
É o caso de Star Center, a firma da cadea de electrodomésticos Cenor que regala en cada partido unha tablet ao afeccionado que consiga anotar, en 24 segundos, unha canastra dende debaixo do aro, outra dende a liña de tiros libres e outra dende a de triplos. Ademais, só por participar, aínda que non consigas anotar os tres lanzamentos, terás un MP3 de regalo. Para participar só é necesario anotarse no correo concursostarcenter@obradoirocab.com, indicando nome e apelidos, DNI e teléfono de contacto.
A propia cadea Cenor ofrece tamén outro xogo exclusivo para os nenos e nenas que acudan ao partido mediante a oferta especial da Zona Monbus. Neste caso, son dous pequenos afeccionados desa bancada os que competirán á carreira para conseguir uns cascos. Os obstáculos serán pararse entre sprint e sprint a vestir a camiseta e o pantalón dun dos xogadores do Rio Natura Monbus Obradoiro, para logo encestar na canastra correspondente un Balón Obra que tamén será para eles.
Star Center e Cenor son dous dos membros do Club de Empresas Obradoiro máis implicados na promoción do deporte da canastra. De feito, a firma presentará o luns ás 10.30 horas nas súas instalacións de Milladoiro un novo patrocinio a outro equipo galego histórico, o feminino Universitario de Ferrol.











