Goza da Promoción Eurocup para ver o Rio Natura Monbus Obradoiro
O Rio Natura Monbus Obradoiro prepárase xa para afrontar dous partidos seguidos no Fontes do Sar ante os duros rivais Herbalife Gran Canaria (sábado 31 de xaneiro, 20.00 horas), e Valencia Basket (sábado 7 de febreiro, 20.00 horas), ambos os dous xogando tamén a competición europea Eurocup e sendo os valencianos os actuais campións.
Para poder contar con todos os afeccionados ao baloncesto en Galicia, o club lanzou a Promoción Eurocup, que permitirá gozar o segundo destes partidos a metade de prezo. E é que, todos os afeccionados que compren a súa entrada para o partido contra o Herbalife Gran Canaria poderán comprar outra entrada no mesmo sector a metade de prezo para o seguinte encontro, contra a Valencia Basket.
O prezo xeral para calquera dos dous encontros é de 25 euros en Fondos e Tribunas 2, 29 euros en Tribunas 1 e 35 euros en Tribunas Retráctiles. Con esta oferta, os pases para a Valencia Basket quedarían á metade deste prezo.
Tamén os grupos con Prezos Reducidos poderán gozar da promoción. O prezo completo nestes casos (menores de 18 anos, estudantes menores de 25, maiores de 65, parados de longa duración ou federados do baloncesto) é de 19 euros en Fondos e Tribunas 2, 25 euros en Tribunas 1 e 35 euros en Tribunas Retráctiles.
A promoción poderase gozar en venda anticipada en oficinas, con horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. As entradas fóra de promoción poden comprar tamén as 24 horas do día mediante a web do club (www.obradoirocab.com) ou en despacho dende unha hora e media antes de cada encontro.











