Gigantes del Basket cumpre 30 anos acompañando os afeccionados do baloncesto
A revista especializada en baloncesto, Gigantes del Basket, celebra o seu 30 aniversario creando unha sección especial na súa web dedicada a todos os afeccionados do baloncesto que os acompañaron durante este periplo, como moitos dos afeccionados do noso club.
O actual Rio Natura Monbus Obradoiro foi ademais un dos equipos que tiveron presenza no primeiro número da histórica revista, cunha reportaxe sobre o equipo da tempada 85/86, dirixida por Pepe Casal.
Na nova sección especial, teñen cabida este tipo de informacións históricas, así como vídeos de personaxes públicos da actualidade relatando a súa relación co baloncesto. Ademais, proximamente a revista habilitará unha votación online aberta para todos os afeccionados, na que se decidirán algúns dos premios Gigantes 2015, que se entregarán o próximo mes de marzo na súa xa habitual gala. Entre eles estarán o xogador máis espectacular da ACB, o xogador ídolo dos nenos, ou a mellor afección.











