publicidade hoxe

Frades convoca un curso para obter o graduado en ESO que comezará o 20 de xaneiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

O Concello de Frades convoca un curso para poder obter o título de graduado en Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO). Trátase dun curso dirixido a alumnos e alumnas de 18 ou máis anos que queiran presentarse ás probas extraordinarias que cada ano convoca a Dirección Xeral de Educación.

A clase inaugural terá lugar o próximo mércores 20 de xaneiro, ás 20:30 horas, no multiúsos de Frades. Nesa sesión serán os propios alumnos e alumnas os que fixen o horario definitivo e os días de clase, tendo en conta que serán tres días á semana en horario de tarde-noite. Deste xeito, o Concello de Frades busca facilitar a asistencia do maior número de alumnos e alumnas posible. Máis información e anotacións no Concello de Frades ou no teléfono 981 695 567.

14 de xaneiro de 2015 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.