publicidade hoxe

Finalizan as obras de instalación dunha caldeira de biomasa na Casa de Cultura de Portosín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPorto do Son
A-
A+

O Concello de Porto do Son ven de rematar as obras de instalación dunha caldeira de biomasa na Casa de Cultura de Portosín. A instalación, amplamente demandada polos veciños da resposta á necesidade dun sistema de calefacción do local municipal que ata o de agora non tiña e que mellora considerablemente as condicións ambientais e de confort da instalación.

A inversión realizada ascendeu a 39.694,10 € e realizouse gracias á subvención recibida por parte do Inega e Agader, subvención que ascende a 26.706,84 €.

A obra realizada comporta varias vantaxes:

– O combustible empregado son pellets de madeira, o que supón un reducido impacto ambiental

– Trátase dunha caldeira de alto rendemento e baixo custe enerxético

– Redúcense significativamente as necesidades de mantemento con respecto a unha caldeira tradicional

A actuación desenvolvida polo Concello nos permitiu dotar esta Casa de Cultura da tecnoloxía máis eficiente e económica de xeración de enerxía térmica para calefacción, cuns custos de produción de únicamente 3,5 céntimos/Kwh, fronte ós 15 céntimos Kwh da enerxía eléctrica ou os 9,2 céntimos/Kwh do gasóleo. O aforro económico estímase en 5.000 € ó ano en comparación co uso de gasóleo como combustible e o impacto ambiental da medida cífrase na redución de emisións de CO2 en 19 toneladas.

16 de xaneiro de 2015 | 20:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.