Festa de Reis en Poio
O luns 5 de xaneiro o concello de Poio celebrará a véspera de Reis coa tradicional cabalgata percorrendo o municipio e a festa infantil na Seca, onde agardaremos a chegada dos Reis Magos.
CABALGATA: Realizarase o percorrido acostumado, saíndo do Concello (Praza do Mosteiro) arredor das 16 h, con parada nas prazas e peiraos das localidades e con chegada a A Seca sobre as 19 h. onde poderán achegarse os nenos e nenas. Percorrido: Concello – Campelo – Lourido – A Barca – San Salvador – San Xoán – Combarro – Samieira – Raxó – A Seca.
DÍA 5 de xaneiro, das 16:30 ás 20:30 h. Festa infantil de entrada libre no pavillón do CEIP Isidora Riestra (A Seca). Animación, inchables, obradoiros de maquillaxe, globoflexia, manualidades, xogos populares (paracaídas, rá, aro, bolos celtas, xogos tradicionais, cruz en raia, o muíño…) e moita diversión, coa visita dos Reis Magos a redor das 19 h.
Este ano contaremos ademais cun espectáculo de maxia e humor co Mago Javier Muro para finalizar a festa.
Ás 18:30 h o Consello Municipal de Cultura fará a entrega de premios do concurso de tarxetas de nadal 2014 (gañadores: SAMIEIRA, Javier Taboada Meis – CEIP ESPEDREGADA (3º Primaria), COMBARRO, Aira Francafancia Rebollido – CEIP Chancelas (5º Primaria) 10 anos, SAN XOAN, María Calvo Couselo, CEIP Chancelas (5º Primaria) 10 anos, SAN SALVADOR, Irene Chayán Calveiro – CEIP Viñas (4º Primaria) , RAXÓ, Josúe Monserrote García – CEIP ESPEDREGADA (5º Primaria) 10 anos (autor da tarxeta seleccionada polo xurado como tarxeta de felicitación institucional do Concello de Poio para o Nadal 2014)
Os compoñentes do Consello Municipal de Cultura (representantes da SCD Raxó, SCD Samieira, Ateneo Corredoira de Combarro, Asociación Boureante de San Xoán e Asociación Vides Novas de San Salvador) farán entrega a cada un dos premiados de 60 €, agasallo conmemorativo, e diploma.











