Ferrol e Deputación da Coruña destinarán 200.000 euros a completar o equipamento técnico do auditorio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaFerrol
A-
A+

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ferrol celebrada na xornada de hoxe aprobou a contratación da subministración do equipamento no novo Auditorio, así como de elementos en varios parques infantís da cidade. Ademais, o executivo local tamén deu luz verde á prórroga do contrato correspondente ao servizo de xestión de vertedoiros incontrolados, do que se seguirá encargando a empresa Reciclaje de Inertes del Noroeste S.L (Recinor).

No que atinxe á nova mellora no equipamento do Auditorio de Ferrol o investimento ascende a un total de 205.014,81 euros e conta con financiamente da Deputación Provincial da Coruña -que achega o 62% do custe total (127.601,22 euros)-, mentres que o 37,76% restante procede das arcas municipais (77.413,59 euros). A empresa que se encargará de completar a dotación do Auditorio de Ferrol é Técnica Electroacústica Consultoría Escénica y Servicios Audiovisuales S.L.U (Tecesa), ratificandose así a proposta de adxudicación feita polos técnicos municipais e membros da Mesa de Contratación do Concello de Ferrol. O equipamento que subministrará Tecesa ten que ver con material técnico de iluminación, sonido, mocrofonía, elementos audiovisuais, etc… O prezo de adxudicación supón un aforro económico de case 20.000 euros con respecto ao orazamento base de licitación deste contrato, que foi de 224.935,68 euros-

Por outra banda, a firma Lappset España VR S.L se ocupará subministrar ao Concello de Ferrol e de instalar os novos elementos de xogo que se instalarán nos parques infantís das prazas de Rosalía de Castro, Inferniño e Ilustración e que permitirán renovar e mellorar estas áreas de recreo para os máis pequenos/as. O investimento nesta actuación ascende a un total de 27.267,24 euros (21% de IVE incluído).

Xestión de vertedoiros incontrolados

E, por último, a Xunta de Goberno Local deu o visto e prace a prórroga do servizo de xestión de vertedoiros incontrolados do que se seguirá ocupando a empresa Reciclaje de Inertes del Noroeste S.L (Recinor) durante un ano máis. I gasto corresponde por esta prórroga anual é de 10.000 euros (incluído o 10% de IVE). Así, o prezo unitario a aplicar á cantidade de residuos recollidos é de 105,96 euros/tonelada (IVE incluído).

26 de xaneiro de 2015 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.