Ferrol destinará parte do novo plan provincial de aforro e investimento a mellora de rúas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A comisión informativa de Medio Ambiente, Urbanismo, Servizos e Seguridade do Concello de Ferrol, deu luz verde esta mañá a proposta de participación da Administración local no “Plan de Aforro e Investimento (PAI) 2015” da Deputación Provincial da Coruña, que suporá para Ferrol unha inxección económica de 677.444,13 euros. Esta cantidade se ten que destinar, en cumprimento das bases reguladoras do plan, a amortización de débeda e o resto a investimentos.

Así as cousas, o Concello de Ferrol destinará un total de 437.643,63 euros a amortización da débeda das arcas locais; e o resto -un total de 239.800,50 euros- a seguir mellorado o estado dos viarios e rúas do municipio cun novo lote de intervencións de pavimentación en diferentes barrios da cidade. En concreto, se pavimentarán os seguintes viarios:

– Explanada do Castelo de San Felipe.

– Pavimentación das rúas Cedeira e Narón, situadas en Recimil.

– Pavimentación da rúa Chousa, en Santa Mariña.

– Pavimentación do Camiño de Cos e do Camiño de Coto, en Serantes.

– Pavimentación das rúas B, D e F: así como da rúa Prado, no barrio de Caranza.

28 de xaneiro de 2015 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.