Ferrol dará a coñecer en Fitur unha nova ferramenta tecnolóxica para a promoción do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, e a concelleira de Turismo, María del Carmen García Fraga, promocionarán os encantos e produtos turísticos da cidade na Feira Internacional de Turismo (FITUR) que se celebra en Madrid. A presentación de Ferrol terá lugar mañá mércores e o acto está previsto que comece ás 14.30 horas.

A Ruta da Construción Naval, os diferentes percorridos pola cidade -Modernismo, Ilustración, castelo de San Felipe, praias, etc…- a gastronomía; a Semana Santa e As Pepitas terán protagonismo de novo neste salón monográfico, un dos principais de cantos se celebran en Europa. Así mesmo, daranse a coñecer novidades que teñen que ver coa introdución das novas tecnoloxías para a promoción e comercialización dos produtos e servizos turísticos da cidade e que se engloban baixo o epígrafe xenérico de “Visit Ferrol”.

Dende a Área de Turismo avanzouse que ademais de facer fincapé nas realidades e potencialidades turísticas do municipio tamén se dará a coñecer os novos vídeos promocionais do xeodestino Ferrolterra – Rías Altas, que aglutina aos concellos da Mancomunidade, e que consisten nun de carácter xenérico en que se mostra o conxunto do territorio coa súa variedade de recursos e actividades; e outros de menor tempo de duración e cada un deles cun contido temático concreto: turismo de natureza, gastronomía, rutas turísticas, etc…

27 de xaneiro de 2015 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.