Fene activa un programa de limpeza e acondicionamento duns 60 lavadoiros e fontes públicas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O Concello de Fene, a través da Concellería de Obras, puxo en marcha neste mes de xaneiro un programa integral de acondicionamento e limpeza de lavadoiros e fontes públicas, algunhas delas catalogadas no inventario municipal. O alcalde, Gumersindo Galego, explicou que, a través do mesmo, se actuará nun total de 58 infraestructuras deste tipo. De feito, os traballos comezaban a primeiros de mes e, ao longo del, se mellorou o estado de quince lavadoiros e fontes.

As tarefas, fundamentalmente, consisten na limpeza dos tellados e cubertas, muros e peches dos lavadoiros, así como das fontes; na retirada de lodos e máis no desbroce de toda a área de influencia. A maioría destes elementos datan de principios e mediados do século pasado, aínda que hai algúns anteriores, do século XIX.

31 de xaneiro de 2015 | 12:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.