publicidade hoxe

Fene acondiciona os aparcadoiros na rúa San Salvador

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+
Visita ás obras

Visita ás obras

O Concello de Fene acondicionou recentemente dúas áreas de estacionamento na rúa San Salvador. E, en días pasados, o alcalde, Gumersindo Galego, supervisaba os traballos realizados en compañía dos concelleiros de Obras, Alejandro Dopico; Deportes e Cultura, Rocío Bértoa, e Servizos, Andrés Serantes. A intervención levouse a cabo con fondos propios e foi executada por operarios municipais. En esencia, a actuación permitiu eliminar os numerosos baches que se foron formando en ambos terreos e que, coa chegada das choivas, se cubrían de auga, dificultando o mesmo estacionamento dos vehículos. Nos traballos, e en ambos casos, o Concello aplicou unha capa superficial de zahorra.

Os aparcadoiros están ubicados na rúa San Salvador e, no seu conxunto, teñen unha capacidade para uns 150 vehículos. Trátase dunha zona moi concurrida, xa que nas proximidades atópanse os centros educativos de Centieiras e Jorge Juan, así como a zona comercial de Perlío.

8 de xaneiro de 2015 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.