Falece o deportista Carlos Bamio aos 17 anos de idade

Carlos Bamio
Carlos Bamio Fernández, compoñente do Club Náutico de Rodeira de kaiak polo, faleceu despois de loitar durante varios meses contra unha enfermidade. O deportista tiña 17 anos e era un dos mellores do seu equipo. Formou parte deste durante máis de cinco tempadas, nas que logrou proclamarse campión galego e tamén foi convocado en varios ocasións para a selección española sub-21. Carlos Bamio Fernández destacaba polo seu compromiso polo deporte e pola paixón na modalidade de kaiak polo. A noticia da súa morte provocou un profundo sentimento de dor no Club Náutico de Rodeira, onde desenvolveu a súa carreira deportiva e tamén o mundo do piragüismo.











