Exposición de graffitis no mes da Cultura Urbana nas Cancelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Febreiro será o mes da Cultura Urbana nas Cancelas. Están previstas actividades de graffiti, música e baile que acompañarán á exposición que inaugura o centro este venres e que durará ata o 28 de febreiro (estará situada ata o día 7 na Planta 2 e a partir do día 9 na Planta Baixa). A mostra componse de 5 graffitis de 2 x 4 m realizados polos artistas gañadores do certame “Xuventude Crea”: Braisiño, coa súa obra “Estilo Salvaxe”, Buble, con “Movemento”, Abraham C. con “Liberdade”, Nada con “Paxaro en man” e Mene con “Azúcar Glass”.

O día 4 comezarán os talleres, que virán acompañados dun graffiti en directo que levará a cabo Asten (Braisiño), gañador do certame “Xuventude Crea”, e que se levará a cabo entre os días 4 e 7 de febreiro. Durante eses días o público terá a oportunidade de ver traballar en vivo e en directo a unha das figuras destacadas do graffiti galego. Unha vez finalizada, a obra quedará exposta na zona estancial da planta baixa xunto co resto da mostra.

Entre os talleres que se celebrarán no centro comercial destaca o de Graffiti, os días 4 e 5 de febreiro de 18:30h a 20:30h, e 6 de febreiro de 17:30h a 19:00h; o de Scratch que se desenvolverá o 6 de febreiro de 19:00h a 20:30h, e o de personalización de gorras o 7 de febreiro de 12:00h a 14:00h, finalizando o día 7 co taller Beatbox de 18:30h a 19:30h.

29 de xaneiro de 2015 | 11:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.