Estrela de Marín lanza unha nova campaña de dinamización comercial “A costa de xaneiro, mellor con diñeiro”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

Baixo este nome poñemos en marcha unha nova campaña de dinamización comercial, mediante a cal pretendemos incentivar as compras e fidelizar aos clientes sorteando 500 € en vales compra. Deste xeito pasámosvos a detallar en que consiste:

a) Entregaremos, durante esta semana, 200 papeletas e 1 cartel A3 para cada establecemento.

b) As papeletas entregaranse aos clientes dende o 26 ao 31 de xaneiro, quenes deberán cumplimentalas e depositalas nas urnas habilitadas para tal fin. Unha urna, ubicarase na sede social en horario de oficina e estará dispoñible tamén fóra deste horario xa que se ubicará na entrada da galería da rúa Real. Outra urna, colocarase na Praza de Abastos.

c) Entre todas as papeletas sortearanse 5 vales compra, o 3 de febreiro ás 13 horas: * 1 vale de 200 € * 2 vales de 100 € * 2 vales de 50 €

d) Os vales compra consumiranse nos establecementos que outorguen os premios, por este motivo AS PAPELETAS QUE NON VEÑAN SELADAS NON PARTICIPARÁN NO SORTEO.

21 de xaneiro de 2015 | 11:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.