Este mes inícianse as obra de ampliación dos vestiarios do Campo de Fútbol de Cototorrón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+
A alcaldesa de Mos no acto de aniversario

A alcaldesa de Mos no acto de aniversario

Con motivo do 50 aniversario do club de fútbol o Concello de Mos agasallou ó Louro-Tameiga cunha nova equipación deportiva que foi presentada oficialmente onte pola tarde no Campo de Fútbol de Cototorrón.

Ademais dos xogadores pertencentes a tódalas categorías do Club Louro-Tameiga, asistiron á presentación a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes Isidoro Táboas, o tamén edil mosense, Luis Alonso, e o presidente do equipo, Patricio Farrapeira, xunto co resto da directiva.

Este acto encadrouse dentro da celebración do medio século de vida do club e contou coa presenza dun bo número de afeccionados.

Vestiarios

A rexedora local anunciou así mesmo que ó longo do presente mes de xaneiro iniciaranse os traballos de acometida da obra de ampliación de vestiarios demandada polo club. O proxecto, que será financiado íntegramente pola Deputación de Pontevedra, conta cun orzamento total que ascende a preto de 80.000 euros.

Agora mesmo existen no Campo de Fútbol de Cototorrón un total de dous vestiarios que se ampliarán a catro cos traballos que comezarán próximamente. A edificación que actualmente alberga os vestiarios existentes, as oficinas do club e a cafetería, será adicada íntegramente a vestiarios; mentres que do outro lado do terreo de xogo construiranse unhas novas dependencias que contarán cunha oficina e un almacén, uns baños públicos e a cafetería que será trasladada para esa zona.

A ampliación do número de vestiarios existente era a principal necesidade, e a máis urxente, do Campo de Fútbol de Cototorrón. Tendo en conta o gran número de usuarios cos que conta a día de hoxe, tratábase dun campo cun número bastante limitado de vestiarios.

12 de xaneiro de 2015 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.