publicidade hoxe

Esta semana remata o prazo para solicitar árbores a través do pedido conxunto do Concello de Cervo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+

O Concello de Cervo lembra que este xoves é o último día que teñen os veciños para facer pedidos de árbores a través da iniciativa que ten aberta a delegación de Medio Ambiente.

Esta é a segunda campaña de compra colectiva de plantas que organiza este departamento co obxectivo de axudar aos veciños e veciñas a crear ou ampliar as súas propias plantacións domésticas, especialmente de árbores autóctonas, seguindo coa liña de reforestación iniciada polo Concello dende hai anos.

As persoas interesadas teñen que poñerse en contacto co Concello, onde se lles facilitará a folla de pedidos e a listaxe con todas as especies dispoñibles, que ascenden a máis de 80. Desta maneira, a compra de árbores será máis asequible ao tratarse dunha compra en grupo.

Unha vez pechado o prazo realizarase un encargo conxunto e posteriormente convocarase a todos os solicitantes para entregarlles as súas plantas. “Esta es una de las muchas medidas que ponemos en marcha con el objetivo de mantener verde nuestro municipio, cuidando y protegiendo nuestros espacios públicos pero también apoyando la creación y el mantenimiento de plantaciones privadas” asegura a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso.

13 de xaneiro de 2015 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.