Entrega de diplomas dos cursos de hostalaría e limpeza de Ourense Inserta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Entrega de diplomas

Entrega de diplomas

OURENSE INSERTA é un proxecto de inserción sociolaboral, que depende da Concellería de Facenda, Emprego e Termalismo do Concello de Ourense, que está cofinanciado polo Fondo Social Europeo, por medio do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

Ten por obxectivo prioritario articular un sistema de integración sociolaboral que permita favorecer o acceso a un posto de traballo daquelas persoas pertencentes aos colectivos máis vulnerables e con maiores dificultades de inserción laboral deste concello a través de procesos de formación especializada en tres ámbitos diferenciados: dependencia, medio natural e hostalaría.

O acto de entrega de diplomas correspóndese con 2 accións formativas (dos ámbitos da hostalaría e da limpeza), realizadas no último cuatrimestre do ano 2014:

9 persoas do curso de “Operacións Básicas de Restaurante e Bar” (2ª edición / 15 prazas),organizado dende o 29 de setembro de 2014 até o 29 de decembro de 2014, cunha duración total de 315 horas.  

14 persoas do curso de “Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais” (3ª edición / 15 prazas),organizado dende o 6 de outubro até o 17 de decembro de 2014, cunha duración total de 255 horas.

Características das accións formativas

Estas accións formativas do Proxecto Ourense Inserta axústanse aos requirimentos dos correspondentes certificados de profesionalidade, nos que as persoas participantes ademais da formación teórica, contan coa posibilidade de realizar prácticas en empresas, que son o verdadeiro trampolín para a inserción, ademais do apoio do persoal do proxecto nas titorías individuais que lles axudan a mellorar a súa empregabilidade.

Outra característica fundamental é que moitas persoas participantes contan cunha beca económica que axuda a reforzar a participación, pero que sobre todo, é un apoio cara mellorar a súa situación persoal

Usuarios/as

A día de hoxe, xa foron usuari@s do proxecto unhas 360 persoas, maioritariamente mulleres con cargas familiares, desempregadas de longa duración, que non contaban con ningún tipo de prestación económica, sendo 296 as persoas que finalizaron algún dos 20 itinerarios formativos realizados nestes dous anos que leva de vixencia o proxecto.

A actividade formativa do proxecto rematará este ano cos cursos de “Operacións Básicas de Cociña” (2ª edición) e “Operacións Básicas de Restaurante e Bar”, que comezarán entre os meses de xaneiro e febreiro de 2015.

16 de xaneiro de 2015 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.