Eméndase un punto de vertido contaminante ao rego da Lameira en Marín
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través do Plan de Control de Vertidos de Augas de Galicia, vén eliminar un foco de contaminación ao rego Lameira, ao seu paso polo lugar de A Raña, pertencente ao termo municipal de Marín.
As actuacións que levaron á eliminación do punto de vertido, iniciáronse tras a súa detección por parte dos técnicos do ente autonómico, no transcurso dunha inspección realizada, no lugar de A Raña, grazas a unha alerta recibida. Os técnicos deron conta dun vertido branquecino cara ao rego Lameira.
Tras confirmar que o vertido denunciado correspondía a un rebouse de augas residuais urbanas no entronque á rede de saneamento municipal dunha vivenda particular, notificóuselle ao Concello de Marín para que presentara un plan de actuacións para eliminar a achega de augas residuais ao rego Lameira.
Tras ter coñecemento da existencia deste vertido, o Concello realizou as actuacións necesarias para que o propietario da vivenda particular selara a rotura no entronque, quedando así emendada a vertedura contaminante.
Tras estas actuacións, os técnicos do Plan de Control de Vertidos confirmaron a eliminación do vertido de augas residuais ao Dominio Público Hidráulico, grazas á colaboración existente entre ambas administracións.











