Dous anos despois, Os Ingleses volven caer

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVilagarcía de Arousa
A-
A+

En Marzo de 2013 Os Ingleses sufría a súa última derrota, case dous anos despois volveron caer. O partido xa non se presentaba doado, moitas baixas, e baixas moi importantes como a de Cachopo o único apertura e cerebro do equipo que se notou moito, nunha tres cuartos inédita. Na primeira parte tras un inicio igualado, Os Ingleses chegou dúas veces ata a mesma raia de ensaio sen lograr pousar o balón con claridade. Os Vilagarciáns comezaron a cometer numerosos erros e a nova liña de tres cuartos mostrábase moi nerviosa e fóra do partido.

Os erros cometidos e o ímpeto dos lucenses encerraban aos Ingleses no seu campo e ante o asedio lograban ensaiar no minuto 29, e no 36 transformaban un golpe de castigo que deixaría o marcador ao descanso en 10 -0. O descanso sentou ben aos Ingleses que arrancaron con outra intensidade na reanudación e comezaron a dominar o xogo. Cando transcorreran 10 minutos Sito lograba recortar a vantaxe, cun traballado ensaio 10-7. Continuaba a presión Inglesa e Muralla apenas podía saír do seu campo, Sito volvía ensaiar no minuto 29 e adiantaba aos Ingleses que parecía que encarrilaban o partido (10-14). Pero non se lograba sentenciar o encontro. E muralla aproveitouse de case a única ocasión da que dispuxo na segunda metade para ensaiar por medio do seu xogador neozelandés Will Mckay (15-14) e quedaban apenas 6 minutos nos que chegaría a peor noticia para o cadro Arousán. Lesión de gravidade David Lema no seu xeonllo esquerdo. Os paróns neste período e un Muralla que tirou de experiencia e non deixou xogar aos Ingleses culminando así a sorpresa da xornada e derrotando despois de case dous anos aos Ingleses.

Lema encóntrase ingresado no Miguel Domínguez

Á espera de que se confirme que sofre rotura de ligamentos e posiblemente de menisco.

Difícil papeleta para Os Ingleses para o que queda de tempada porque a pesar de ter un amplo equipo sufriu dúas lesións en postos claves como son o Apertura (Cachopo) e o Talonador (Lema), postos que requiren unhas habilidades específicas e que non teñen a ningún recambio natural no equipo. Isto obrigará ao corpo técnico a reinventar un equipo de cara ao próximo choque en Fontecarmoa contra o Mareantes de Pontevedra (Domingo 12:00 h.)

Os Ingleses conseguen o bonus defensivo e perdeu a posibilidade de adiantar a Ferrol que descasaba esta xornada, quedando a punto do liderado.

25 de xaneiro de 2015 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.