Dobre vitoria celeste ante a canteira do FC Porto
As canteiras do RC Celta e o FC Porto encontráronse onte na Madroa para disputar dous partidos amigables. O Alevín A e o Cadete B celestes enfrontáronse respectivamente ás categorías sub-12 e sub-15 do club portugués, encontros que se resolveron en ambos os dous casos con vitorias dos canteranos céltico.
O Alevín A obtivo unha avultada vitoria 7-3 grazas ao triplete de David e os tantos de Miguel, Damián, Meixus e Hugo Álvarez; mentres que o Cadete B derrotou 3-1 ao seu equivalente dos dragões con tantos de Pampín, Martín e Lucas.
Esta é a segunda ocasión na que as canteiras de ambos os dous clubs organizan amigables formativos entre equipos das súas categorías inferiores, iniciativas froito da boa relación existente entre o RC Celta e o FC Porto e que son un aliciente para as novas promesas das dúas institucións.











