publicidade hoxe

Diego Calvo visita o campo de fútbol de Cambre no que a Deputación da Coruña investirá 187.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCambre
A-
A+
Diego Calvo en Cambre

Diego Calvo en Cambre

O alcalde de Cambre, Manuel Rivas, e o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, visitaron hoxe o campo municipal de fútbol “Dani Mallo” no que se levará a cabo a renovación do céspede artificial que actualmente está moi deteriorado.

Trátase dunha obra prioritaria debido ao maltreito estado do terreo de xogo no que adestran e xogan cada semana 300 deportistas aproximadamente de varios clubs de fútbol do concello. Nestes momentos os filamentos de herba artificial do campo están completamente descompostos e existen partes do campo no que actualmente non se pode apreciar a fibra sintética. Segundo o alcalde, a contratación da obra está moi avanzada e podería adxudicarse este mesmo mes.

O proxecto será unha realidade grazas á achega da Deputación que aprobou unha subvención que alcanza os 187.000 euros. O mandatario cambrés e o presidente do ente provincial  visitaron as instalacións do Dani Mallo xunto cos presidentes da Asociación de Clubs de Fútbol de Cambre que se interesaron pola execución das obras que previsiblemente darán comezo en febreiro.

As obras terán unha duración de catro semanas segundo se establece no prego de condicións do contrato. “Debemos agradecer á Deputación esta axuda para arranxar o céspede artificial que no seu estado actual produce serias lesións aos deportistas”, apunta Rivas, que destacou a implicación de Calvo en todos os problemas que afectan a este municipio.

O titular provincial respondeu subliñando o bo traballo do alcalde “ao identificar as necesidades do municipio e trasladalas á Deputación” e comprometeuse a seguir colaborando neste tipo de accións que permiten mellorar a calidade de vida de centos de veciños. “Grazas pola vosa paciencia, en breve poderedes gozar desta mellora”, dirixiuse Calvo cara aos portavoces dos clubs deportivos.

17 de xaneiro de 2015 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.