Diego Calvo inaugura o centro social de Rorís-Armentón en Arteixo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaArteixoLocal Portada
A-
A+
Diego Calvo na inauguración

Diego Calvo na inauguración

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, acudiu ao acto de inauguración do centro social de Rorís-Armentón, en Arteixo, sufragado con fondos provinciais. Calvo estivo acompañado polo alcalde do municipio, Carlos Calvelo, e o presidente da Asociación de Veciños Valle de Armentón, José Antonio Canedo Ramilo.

O centro, que dispón tamén de escola infantil, contou con 240.000 euros da Deputación da Coruña para a súa construción, o que representa o 49% do orzamento total, e durante a súa intervención o titular provincial salientou outros equipamentos que se están poñer en marcha no municipio grazas ás achegas da Deputación da Coruña, como a piscina municipal ou o centro de formación, ademais da cesión do polígono de Sabón ao concello.

En total, ao longo deste mandato a inversión da institución provincial en Arteixo superou os catro millóns de euros.

Diego Calvo agradeceu ao alcalde a súa labor para “identificar as necesidades dos veciños” e que “nestes momentos de dificultades económicas saiba cales son os equipamentos que seguen a ser importantes”.

5 de xaneiro de 2015 | 14:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.