Desestimada a pretensión de Navantia de non pagar o imposto de bens inmobles

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+

O Concello de Ferrol informa, a través da  Área de Economía, Facenda e Patrimonio, que a xustiza vén de dar a razón a administración municipal en relación a Navantia e a obrigatoriedade deste entidade de abonar o Imposto de Bens Inmobles (IBI). Así, o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ferrol considera en sentencia ditada o día 8 do presente mes de xaneiro que non é axustada a dereito a pretensión de Navantia de non abonar o IBI polos seus terros, por resultar dita formulación oposta ao dereito da Unión Europea.

A pretensión de Navantia de non pagar o IBI polas súas instalacións no municipio ferrolán ten suposto un prolongado proceso de capítulos xudiciais entre dita entidade e o Concello, que ten o seu último reflexo na antes sinalada sentencia do pasado día 8 de xaneiro da que hoxe da conta a Concellería de Economía e Facenda. Neste sentido, cómpre lembrar que a intención de Navantia de non cumprir coas súas obrigas tributarias coa Administración local ten motivado que se pronuncien ao respecto os órganos da Unión Europea. En concreto, en data 13 de xaneiro de 2014 a Comisión Europea emitiu un informe en que indicaba que a intención de Navantia de non abonar o debanddito imposto era contrario ao dereito europeo. Este informe deu lugar a unha sentencia posterior ditada o 9 de outubro de 2014 polo Tribunal de Xustiza Europeo que ratifica postura do Concello de Ferrol, no sentido en que os terreos de Navantia no municipio ferrolán estaban suxeiros ao Imposto de Bens Inmobles.

20 de xaneiro de 2015 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.