Daniel Minimalia presenta no Auditorio Municipal de Ourense o seu último traballo Arenas de Luna
A axenda de actividades trae estes días diversas propostas que complementan unha atractiva oferta cultural. O espectáculo máis destacado terá lugaro sábado ás 20.30 h no Auditorio, onde o artista ourensán Daniel Minimalia presenta seu último traballo. Baixo o título Arenas de Luna, Minimalia volta co seu segundo disco de características únicas en España e de gran proxección internacional, despois do seu exitoso álbum debut Cuentos sonoros, que foi cualificado como O Mike Oldfield español.
Olas del Sur é o primeiro tema máis destacado do álbum, unha poderosa melodía de guitarra xunto coa fermosa voz de Rosa Cedrón, un tema emotivo que mestura influenzas do flamenco e do folk.
Entre outras actividades están a actuación semanal da Banda Municipal, que será o venres no Liceo a partir das 20 h, e a cita co público infantil, coma de costume o domingo ás 12 h co espectáculo Victor y el monstruo (Frankestein), dirixida a maiores de 9 anos. A tarde do domingo, haberá outra posibilidade de ver a proxección da película A Esmorga, tamén no Auditorio ás 18 h.
A maiores, esta semana o Auditorioacolle sendas obras dirixidas ao público escolar. A primeira será a obra Spinderella mañá ás 10 h e 12 h e organizada pola AFundación. Unha obra en inglés para alumnos e alumnas do 3º ciclo de primaria. Por outra banda o venres – tamén ás 10 h e 12 h -, a concellería de Educación organiza no Auditorio Les Femmes Savantes, consistente na adaptación dunha obra de Molière dirixida ao alumnado de institutos.
As entradas para as actuacións pódense adquirir en www.servinova.com ou desde dúas horas antes do comezo de cada espectáculo na billeteira do Auditorio.











