publicidade hoxe

Curtis irmandarase con municipios de 5 países europeos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

Curtis participará nun proxecto de irmandamento con municipios de cinco países europeos e implicarase no desenvolvemento de dous seminarios durante o 2015 co obxectivo de facilitar a participación dos mozos en intercambios interculturais e socio-laborais. O obxectivo é que adquiran un maior coñecemento doutras culturas, hábitos, programas, iniciativas e políticas a desenvolver entre e para a xuventude.

Estes foron algúns dos acordos alcanzados durante o Seminario ‘Access to Mobility, Access to Employment’ (Acceso á mobilidade, acceso ao emprego) que mantiveron en Hungría 33 representantes europeos de oito países europeos, entre os que se encontraban cinco alcaldes, líderes de asociacións, monitores xuvenís e outros axentes que traballan directamente coa xuventude. Por parte do Concello curtiense acudiu o alcalde Javier Caínzos.

O obxectivo deste seminario, organizado no marco do programa europeo Erasmus+, foi dar a coñecer as distintas iniciativas, programas e políticas sobre emprego xuvenil, facilitar as relacións entre os países promotores e fomentar a proxección e realización de futuras accións conxuntas.

Durante os últimos anos participaron máis de medio centenar de mozos nestes programas desenvolvidos dende a área de xuventude, que visitaron 8 países distintos.

26 de xaneiro de 2015 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.