Curso de formación para os 50 participantes no Club de Debate 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza mañá un curso de habilidades comunicativas para os mozos e mozas participantes na nova edición do Club de Debate de Pontevedra.

A xornada desenvolverase no Pazo da Cultura, desde as 10.30 ata as 13.30 horas. Está dirixida aos 50 integrantes dos 5 equipos, na meirande parte estudantes de 1º de bacharelato e 4º de ESO. Na xornada de formación farase unha preparación de habilidades comunicativas para falar en público.

Abordarán o fenómeno da comunicación, a modulación da voz (ton, intensidade, ritmo), a ordenación do discurso, a escoita, a comunicación non verbal , a linguaxe. Tamén traballarán a complexidade da comunicación grupal.

Nesta edición os 5 equipos participantes serán os seguintes:

• IES A Xunqueira 1 (10 alumnos/as)

• IES Luís Seoane (10 alumnos/as)

• IES Valle Inclán (10 alumnos/as)

• IES Ponte Caldelas (10 alumnos/as)

• IES do Carballiño (10 alumnos/as)

O Club de Debate fomenta o uso da lingua galega e o desenvolvemento das habilidades comunicativas e a oratoria do alumnado; tamén traballa o proceso de documentación sobre os temas obxecto de debate. Ademais, esta actividade fomenta o pensamento crítico, a tolerancia fronte á diversidade de opinións e o traballo en equipo.

Este proxecto, naceu ao abeiro das recomendacións do Plan Xeral de Normalización Lingüística para un dos sectores que considera estratéxico: a mocidade e recolle a responsablidade que o Plan lle atribúe á Administración local no seu cumprimento. Formúlase con base no obxectivo xeral de impulsar o uso da lingua galega cunha visión moderna, afable e útil desta e reforzando a súa estima. Procura activar o uso oral do idioma en contextos formais (os propios debates) e informais (a convivencia entre os participantes durante todo o desenvolvemento da actividade).

9 de xaneiro de 2015 | 21:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.