publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cultura investiu máis de 36.000 euros na restauración do patrimonio cultural de Pontedeva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontedeva
A-
A+

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou esta mañá a Capela de San Xusto, no concello ourensán de Pontedeva. Acompañado polo delegado da Xunta na provincia de Ourense, Rogelio Martínez; e polo alcalde da localidade, Juan Carlos González; o conselleiro anunciou o inicio nos próximos meses das obras de acondicionamento deste templo, situado na parroquia de Trado, que suporán un investimento de 15.200 euros. As actuacións consistirán en na renovación da cuberta de tella e na substitución das portas de entrada por outras de madeira. Así mesmo, realizaranse traballos de limpeza e encintado da pedra. Ademais, demolerase o forzado do adro e os muros laterais de apoio do mesmo ata a súa cota primitiva, para recuperar o aspecto orixinal do conxunto.

Así mesmo lembrou que no 2013 o seu departamento rehabilitou a Capela Santa María Magdalena de Freáns. “Desta forma o investimento da Consellería neste concello elévase a máis de 36.000 euros”, salientou. No caso desta capela, desenvolveuse unha rehabilitación integral, que incluíu a substitución da cuberta, a renovación das carpinterías, a recuperación do pavimento e a limpeza e reparación dos cubrimentos interiores e exteriores.

“O noso obxectivo – sinalou Vázquez Abad-, é contribuír ao labor que o Concello de Pontedeva está a realizar para difundir o seu patrimonio cultural, composto por elementos de tanto valor como a Capela de Santa María Magdalena, que data de 1681 e garda no seu interior un interesante retablo barroco, ou como esta mesma de San Xusto, cuxa singularidade podemos observar”.

16 de xaneiro de 2015 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.