publicidade hoxe

Cores Tourís supervisa as instalacións de aforro enerxético en edificios municipais de Oia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOiaPontevedra
A-
A+
Cores Tourís na visita a Oia

Cores Tourís na visita a Oia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou esta mañá, acompañado polo alcalde de Oia, Alejandro Rodríguez, a posta en marcha de varias instalacións de aforro enerxética en distintos edificios municipais do concello, subvencionadas pola administración autonómica a través dos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia.

Segundo destacou o delegado territorial, a colocación destas instalacións contou cun orzamento global de case 27.000 euros dos cales 25.000 foron aportados pola Consellería de Medio Rural e Mar a través das subvencións para proxectos de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables promovidos polos concellos e que son cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do PDR de Galicia 2007 a 2013.

O proxecto presentado polo concello de Oia supuxo a colocación dunha instalación de enerxía solar térmica para AQS no campo de fútbol de As Tornas, así como a instalación dunha placa solar fotovoltaica de 5 Kw na casa do concello e de outra de similares características na Escola Infantil de la localidad. “Estas obras suporán un importante aforro enerxético para estas tres instalacións municipais”, explicou Alejandro Rodríguez.

As axudas ás que concorreu o municipio do Baixo Miño, contaron cun orzamento global para toda Galicia de 800.000 euros, e tiñan como obxectivo apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. “De feito”, segundo engadiu Cores Tourís, “as iniciativas limítanse ao uso da enerxía solar fotovoltaica ou térmica en cubertas de instalacións municipais ou pérgolas dunha altura mínima de 2 metros con utilidade funcional, como é o caso dos proxectos que hoxe visitamos en Oia”.

14 de xaneiro de 2015 | 17:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.