‘Contos do Universo’ invaden a Biblioteca de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O vindeiro venres 23 de xaneiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos do Universo, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre cometas, planetas ou estrelas, e como manualidade un astronauta -os/as participantes deberán traer unha cartolina negra, unha foto propia tamaño carné e goma eva branca-. Ademais, durante esta mesma xornada, os/as menores comezarán a elaborar un mural que decorará as instalacións da biblioteca verinense e que estará conformado por “avatares astronautas” dos/as asistentes ás sesións de contacontos e voluntarios/as nas mesmas. As dúas actividades serán coordinadas por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

20 de xaneiro de 2015 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.