‘Contos de fondo de Bikini’ na Biblioteca Pública de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O vindeiro venres 30 de xaneiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos de fondo de Bikini’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre fauna e flora do fondo do mar, e como manualidade un Bob Esponxa -os/as participantes deberán traer unha esponxa amarela-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

26 de xaneiro de 2015 | 12:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.