publicidade hoxe

Concello de Neda e Garda Civil imparten unha charla en Viladonelle en materia de seguridade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O programa “Maior Seguridade”, que promoven o Concello de Neda e a Secretaría do Estado do Ministerio do Interior, chegará a Viladonelle este xoves, 29 de xaneiro. Persoal formador da Garda Civil impartirá unha charla no local da AVV. Con entrada libre, principiará ás cinco da tarde. Leva por título “Os perigos de Internet e as redes sociais” e ten como obxectivo fundamental potenciar a máxima información sobre os principais perigos que hai detrás de Internet e a necesidade de protexer sempre a identidade e a privacidade persoal, moi concretamente as fotografías e vídeos, para evitar que cheguen aos “ciberdelincuentes” ou “ciberacosadores”. Esta mesma charla repetiráse o 23 de febreiro na Casilla do Puntal.

Así mesmo, no marco deste programa, celebraránse tamén charlas baixo o título “Prevención e mellora da seguridade dos nosos maiores”. A primeira, o 9 de marzo no Roxal. E, a partires desta data, o 25 de marzo en Anca, o 17 de abril en Viladonelle e o 29 do mesmo mes no Puntal. Neste caso, o obxectivo é facilitar información aos maiores dos riscos que constitúen unha maior ameaza para a súa seguridade e as medidas de prevención dos mesmos.

27 de xaneiro de 2015 | 12:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.