Complétanse as prazas do obradoiro de creación literaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Cultura pechou esta mañá a inscrición no Obradoiro de creación literaria que comezará a impartirse este sábado no Pazo da Cultura a cargo de Ledicia Costas. O número de prazas xa está completo.

O obxectivo deste obradoiro que o Concello imparte en colaboración coa Asociación de escritores en lingua galega é que os participantes collan soltura e poidan enfrontarse aos textos.

O curso será impartido até o mes de marzo de 11 a 13 horas, e nel tratarase narratira e tamén poesía. Recibirán a visita de Pedro Feijoo e abordaranse textos de autores galegos.

14 de xaneiro de 2015 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.