Comezan os trámites necesarios para a venta das parcelas da Deputación no polígono de Sabón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaArteixo
A-
A+

A Deputación da Coruña levará ao pleno do próximo martes a aprobación do expediente para a desafectación dunha das parcelas que posúe no polígono de Sabón, o que supón o seu paso de dominio público a ben patrimonial e o trámite inicial para a súa venta.

Tal e como anunciou o presidente da Deputación no momento da cesión do parque empresarial ao Concello de Arteixo, a venta afectará ás dúas parcelas que son titularidade da institución provincial, cunha valoración de partida de 2.596.468,46 de euros.  

Unha vez completado o trámite da desafectación, procederase á venta conxunta das dúas parcelas, que son colindantes, mediante o sistema de poxa.

22 de xaneiro de 2015 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.