publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Comezan os traballos de limpeza de cunetas en todo o termo municipal de Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, informou do inicio dos traballos de limpeza de cunetas en todo o termo municipal. Traballos que, na actualidade, se desenvolven na parroquia de Viladonelle e, a continuación, proseguirán na de Anca.

Unha cuadrilla de tres operarios realizan estas tarefas naquelas pistas, camiños e estradas que requiren da retirada de maleza ou acumulación de terra. Están acompañados dun tractor desbrozadora e de maquinaria manual, así como dun segundo vehículo para a retirada dos restos. O rexidor sinalou que o obxectivo destas actuacións é reforzar a seguridade vial na zona rural, xa que ao retirar a maleza das pistas se mellora a visibilidade de conductores e a mobilidade de viandantes.

Non só iso, tamén se protexen as vías, xa que a choiva circula polas cunetas sempre e cando estas non estean atascadas –algo que se evitará coas tarefas en curso-. Os traballos fináncianse con cargo ao programa DTC que impulsa a Deputación provincial en colaboración cos concellos e, amáis desta intervención, tamén se inclúen diferentes actuacións de acondicionamento da rede viaria.

28 de xaneiro de 2015 | 12:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.