Comezan os traballos de construción dun aparcamento na fachada lateral do Lalín Arena

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Xosé Crespo na visita ás obras

Xosé Crespo na visita ás obras

O alcalde de Lalín, José Crespo, acompañado dos concelleiros de Obras e Deportes, Camilo González e José Antonio Varela, ultimaron esta mañá detalles das obras de construción do aparcamento na fachada do Lalín Arena e da piscina climatizada.

O rexedor puido comprobar como xa escomezaron a primeira hora os traballos de explanación e retirada de terra na zona máis alonxada do acceso dende a Avenida Xosé Cuiña. Uns traballos que permitirán ademais de rasantear o terreo onde se ubicará o aparcamento tamén a excavación dunha zanxa na que se soterrarán canalizacións para a evacuación de pluviais.

Os traballos non so permitirán a construcción dunha ampla zona de aparcamento no frontal e lateral da piscina climatizada, nunha zona que na actualidade está en terra, senón que se delimitará tamén unha zona de aparcamento na fachada do Lalín Arena no que se rellenarán unhos pequenos parterres ubicados na zona dianteira quedando integramente para estacionamento de vehículos.

Con esta actuación, crease unha importante bolsa de aparcamento na fachada lateral do Lalín Arena que permitirá o estacionamento dos usuarios da instalación pero tamén para os asistentes aos distintos eventos que se celebren no multiusos.

A prohibición de estacionar na zona onde se ubicarán os novos aparcamentos manterase ata o remate dos traballos.

12 de xaneiro de 2015 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.