Comezan as rebaixas das Cancelas
Roupa (Zara, H&M, Suiteblanco, New Yorker…), lenzaría (Women´Secret, Oysho, Intimissimi…), calzado (Marypaz, Krack, Tino González…) complementos, cosmética, perfumaría, decoración, tecnoloxía, alimentación… Busquen o que busquen poderán encontralo nas Cancelas, e agora a moito mellor prezo, pois aínda que algúns operadores xa anticiparan as súas ofertas ao día 2 de xaneiro, o resto das marcas deron comezo este mércores á tempada oficial de rebaixas.
Ademais, todas as tendas do centro comercial abrirán as súas portas este domingo para que os visitantes poidan realizar as súas compras e beneficiarse de prezos excepcionais, como os descontos de ata o 50% en C&A, Maioral, Tres60, United Colors of Benetton, Polinesia, Stradivarius, Suiteblanco, Calzedonia, Oysho, Mundaka World, Shoespiel… ou o 40% de desconto en xoguetes en Carrefour ou o 3 x 2 en The Body Shop
Os comerciantes esperan que os resultados destas rebaixas melloren os do ano pasado, e aseguran que as sensacións están a ser boas neste inicio de rebaixas.











