publicidade hoxe

Comeza o prazo para solicitar permiso de terraza para os hostaleiros do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Dende o concello do Carballiño infórmase a todos os propietarios de establecementos hostaleiros da vila, que desexen colocar terrazas, mesas e cadeiras, na vía pública, que o prazo para solicitar este permiso finalizará o próximo día 20 de xaneiro, tanto para a renovación de licenza, como para a primeira licenza ou a de tempada.

Os modelos de solicitude poderanse recoller no concello do Carballiño, no departamento de servizos públicos e información, ou en rexistro, ambos os dous situados na planta baixa da consistorial.

Tamén poderá obter esta solicitude na páxina web do concello www.carballino.org, dentro da concellaría de medio e servizos públicos ou ben a través do taboleiro de anuncios da citada páxina web.

7 de xaneiro de 2015 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.