publicidade hoxe

Comeza en Galicia un curso de formación de cintos negros de hapkido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzosDeportesDeportes Portada
A-
A+

Este sábado 17 de xaneiro comezará en Betanzos un curso de formación de cintos negros de hapkido, no que están inscritos vinte deportistas, e que se desenvolverá ao longo de seis meses. O hapkido é un arte marcial de orixe coreano que está baseado na defensa persoal.

Esta disciplina en Galicia está asociada á Federación Galega de Taekwondo e comeza a medrar pouco a pouco. Por iso, ante o interese amosado por algúns deportistas, a Federación decidiu convocar este curso, que está recoñecido pola Federación Española de Taekwondo. O programa será dirixido por Antonio García Gómez, director técnico do departamento de hapkido da FGT. Para poder inscribirte no curso tes que ser cinto negro de taekwondo ou de algunha arte marcial recoñecida polo Consello Superior de Deportes.

O curso desenvolverán ao longo de seis xornadas (unha por mes) e contará cun completo programa de clases teóricas e prácticas (horario de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas). Ao remate do seminario os alumnos deberán realizar un exame e aprobalo para recibir o seu cinto negro de hapkido. A primeira xornada celebrarase o sábado 17 de xaneiro no Pavillón Municipal de Deportes de Betanzos.

15 de xaneiro de 2015 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.