Comeza en Carballo o curso de auxiliar de comercio incluído no Plan de Formación da Bolsa de Traballo
Xa está en marcha o curso de auxiliar de comercio incluído no Plan de Formación da Bolsa de Traballo (BDT) para o primeiro semestre do 2015. O concelleiro de Formación e Emprego, Marcos Trigo, explicou hoxe ás 25 alumnas que as accións formativas foron deseñadas para “responder á demanda do mercado laboral”, e nese sentido expresou o seu desexo de que contribúan “a mellorar a vosa capacidade para encontrar un traballo”.
As 25 participantes, todas mulleres, están inscritas na BDT como demandantes de emprego no sector do comercio. O curso iniciado hoxe inclúe 80 horas teóricas e 80 de prácticas en empresas do sector para aquelas alumnas que superen a primeira parte da formación, tal como lles explicaron aintermediadora laboral do Concello de Carballo e responsable da BDT, Milagros Antelo, e representante empresa que impartirá a acción formativa.
As 80 horas de formación teórica dividirase en tres grandes bloques: atención ao cliente (técnicas de comunicación con clientes, técnicas de atención básica a clientes, incluíndo a atención telefónica e a xestión das reclamacións; e a calidade do servizo de atención ao cliente); operacións auxiliares no punto de venda (reposición, reconto, e operacións de caixa deprodutos, animación do punto de venda, imaxe do establecemento, merchandising, técnicas e estratexias de venda, imaxe e etiquetado de produtos) e manipulación de alimentos.











