Comeza a reserva e venda de entradas e de bonos para os espectáculos dos Venres Culturais 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

A Concellaría de Cultura que dirixe Mar Eirís informa de que están dispoñibles a partir do martes 13 de xaneiro os bonos e entradas para os espectáculos dos Venres Culturais 2015. Os Bonos de Teatro garanten o acceso aos sete espectáculos dos días 16 e 30 de xaneiro, 6 e 27 de febreiro, 6, 13 e 19 de marzo. Poden adquirise nas Oficinas da Concellaría de Cultura (situadas no 1º andar do Pazo da Cultura), de luns a venres de 11.00 a 14.00 horas. Os prezos son os seguintes:

Bono ordinario: 21€
Bono especial con prezo reducido: 16€ (para estudantes con carné de estudante, maiores de 65 anos e menores de 12 anos)

Respecto das entradas, debido á limitación do auditorio, se é necesaria a reserva previa, comunicarase coa antelación posible. A venda de entradas realizarase no despacho de billetes do Pazo da Cultura, unha hora e media antes do inicio da actuación. A reserva de entradas pode realizarse no teléfono 981 704 300, ou na Concellaría de Cultura (Pazo da Cultura), habitualmente dende 15 días antes da celebración dos espectáculos, cun límmite de 4 entradas por persoa. Nalgúns espectáculos aplicaranse prezos reducidos a determinados colectivos que deberán acreditar debidamente a súa circunstancia especial: estudantes con carné de estudante, maiores de 65 anos e menores de 12 anos.

Prégase puntualidade. Unha vez comezada a función non se garante ou acceso á sala. Pode obterse máis información no Pazo da Cultura, Rúa do Pan s/n, 15100, Carballo; no teléfono 981 704 300; ou no enderezo electrónico <cultura@carballo.org>

14 de xaneiro de 2015 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.