Comeza a demolición da vivenda en ruínas na rúa Areal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
O alcalde de Lalín supervisando os traballos de demolición

O alcalde de Lalín supervisando os traballos de demolición

Co inicio das obras de demolición remata así un arduo e longo proceso de trámitación que o Concello tivo que seguir para conseguir a execución subsidiaria da demolición, ao ter, entre outras cuestións, que localizar posibles herdeiros fóra de Galicia, e publicar anuncios no taboleiros de edictos de Huelva e no BOP de Huelva, ademais de facer o correspondente proxecto de demolición Unha vez rematen as obras de demolición, acometeranse as actuacións de acondicionamento para que a zona afectada quede totalmente rematada e en boas condicións para uso e disfrute da veciñanza

O alcalde de Lalín, José Crespo, acompañado do edil de Obras, Camilo González Bodaño, desprazáronse esta mañá á rúa Areal para presenciar o inicio das obras de demolición da vivenda sita no número 52 da rúa Areal, e que se atopaba en situación urbanística de fóra de ordenación urbanística, e que estaba a xerar un impacto negativo para a veciñanza da zona.

Culmina así un proceso longo e complexo para poder levar adiante o Concello a execución subsidiaria a dita vivenda, xa que houbo que facer un detallado traballo de investigación da propiedade para localizar aos posibles herdeiros fóra de Galicia, para o que se tivo que publicar anuncios no taboleiros de edictos do Concello de Huelva e no BOP de Huelva. Despois de que os herdeiros renunciaran aos seus dereitos vía notarial e de non coñecer herdeiros ningún a maiores, o Concello, con garantía xurídica plena, comezou a traballar na elaboración do proxecto da correspondente demolición desta edificación.

Ademais houbo que aprobar na Xunta de Goberno Local o proxecto de execución subsidiaria da orde de demolición da dita edificación, unha demolición que se efectuará con medios propios, tanto persoais como materiais. Así mesmo houbo que solicitar a Fenosa e a Telefónica permiso para a retirada de cableado que afectaba á fachada da casa.

Hoxe deron comezo así as obras de demolición e unha vez que rematen, o Concello deixará totalmente rematado e en boas condicións a zona afectada. Revestirase a zona pola demolición con emprego de morteiro de cemento para nivelar posibles ocos e desperfectos que podan aparecer, tal como figura no proxecto de demolición que houbo que facer. Así mesmo e dado que a beirarrúa remata na parede da edificación que se vai demoler, unha vez realizada, farase un bordillo de formigón que una as dúas beirrarrúas existentes para garantir unha solución de continuidade e colocaranse baldosas das mesmas características existentes.

Tamén se pavimentará mediante aglomerado unha zona que quedará libre tras a demolición, de xeito que o dito espazo quedará totalmente acondicionado para desenvolver o dito proxecto de humanización e harmonización do entorno que quedará para uso e disfrute da veciñanza.

13 de xaneiro de 2015 | 16:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.