Cogami inicia un curso de iniciación á linguaxe de signos en Ponteareas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonteareas
A-
A+

O xoves, 29 de xaneiro, a Asociación de Discapacitados do Condado e Paradanta (Adapta), entidade que forma parte da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) inicia un curso de Iniciación á linguaxe de signos que se vai impartir as tardes dos martes e xoves en horario de 17:00 a 19:00 horas nas instalacións do centro Asprodico (Barrio Canedo s/n)

A actividade, que está enmarcada dentro do programa Pensa en ti que desenvolve a Deputación de Pontevedra, terá unha duración de 30 horas que se repartirán en 15 sesións de 2 horas, co que rematará o 19 de marzo.

O número de prazas que ofrece o curso é dun máximo de 25 e terá un custo de 15 euros para as persoas sociais e de 18 para as que non están asociadas á entidade.

O programa Pensa en ti vai dirixido a mellorar a formación básica das mulleres, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias, así como a facilitar a súa incorporación ao mercado laboral. Malia que o programa vai dirixido a mulleres, está aberto a toda a sociedade, con preferencia ás persoas con discapacidade.

9 de xaneiro de 2015 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.