COGAMI comeza en Ourense un curso de almacenista para persoas con discapacidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Aínda quedan prazas libres para participar nun curso de formación sobre Xestión de stocks, almacén e control de caixa que vai iniciar a finais do mes de febreiro a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.

Dirixido a persoas con discapacidade, esta iniciativa está subvencionada pola Consellería de Traballo e Benestar a través da Secretaría Xeral de Política Social da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo no marco do convenio de Formación Profesional e Formación Ocupacional para as persoas con discapacidade que residan na comunidade galega.

Cun total de 275 horas de duración, con data de inicio no mes de febreiro e con data de remate prevista para abril, o número de prazas que oferta esta formación é de 15 persoas, que ademais de ter discapacidade, outro dos requisitos que deben cumprir é que teñen que estar inscritas como demandantes de emprego na oficina de inserción laboral que ten COGAMI operativa en Ourense (rúa da Farixa, nº3b, finca Sevilla).

O curso de Xestión de Stocks, Almacén e Control de Caixa conta de 5 módulos que se clasifican en atención ao público, informática, almacén, manexo de carretillas elevadoras e prevención de riscos laborais.

9 de xaneiro de 2015 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.