Cogami colaborou na inserción de 139 persoas con discapacidade en Lugo e comarca
O Servizo de Intermediación Laboral de COGAMI (SIL) mantén durante o ano 2014 a porcentaxe de insercións en Lugo con respecto ao ano anterior. Durante 2014 o equipo de orientación laboral que atende a persoas con discapacidade en Lugo logrou inserir laboralmente a 139 persoas e rexistrou 153 contratacións, o que, segundo a coordinadora do SIL, Mari Carmen Ínsua, supón un “incremento no número de contratacións pero estas son de peor calidade porque son de menor duración e cunha xornada reducida”.
No seguinte recadro, especifícanse as insercións por concellos da comarca.
Castroverde |
Friol |
Guntín |
Lugo |
Outeiro de Rei |
TOTAL |
1 |
3 |
1 |
130 |
4 |
139 |
Dende o ano 2012, o servizo reflicte un incremento de persoas interesadas en inscribirse na procura de emprego, que vén provocado pola perda dos seus postos de traballo. Cando chegan ao servizo, o orientador/a laboral, tras unha primeira toma de contacto para coñecer á persoa e, en función das súas capacidades e intereses, traza un itinerario que pode ser tanto formativo como de emprego.
Durante 2014 foron 71 persoas, 46 homes e 25 mulleres, as interesadas en formar parte do Servizo de Intermediación Laboral, interesadas en ser encamiñadas por profesionais para poder atopar un emprego. Con estas novas incorporacións, o SIL de COGAMI Lugo conta cunha base de datos formada por 1.102 persoas na comarca de Lugo, 691 homes e 411 mulleres.
Castroverde |
O Corgo |
Friol |
Guntín |
Lugo |
Outeiro de Rei |
Portomarín |
Rábade |
TOTAL |
11 |
15 |
19 |
14 |
986 |
36 |
7 |
14 |
1.102 |
Unha das situacións coas que se atopa o equipo de orientación laboral de COGAMI é que as novas persoas usuarias chegan cun baixo nivel formativo de cualificación, dado que na maior parte dos casos as discapacidades son sobrevidas a determinadas idades e, polo tanto, é necesario orientar á persoa de cara a un proceso de reorientación laboral que pasaría pola formación encamiñada á busca de novas oportunidades laborais adaptadas ás novas esixencias do mercado.
Segundo isto, en 2014 dende COGAMI realizáronse en Lugo 4 accións de técnicas de busca de emprego que contaron con 40 participantes que teñen por finalidade facilitarlle ás persoas as ferramentas necesarias para a xestión do proceso na busca de emprego, que van dende deseñar o propio curriculum ata estar ao día nos motores de busca de ofertas de emprego. Tamén se impartiron cursos de atención sociosanitaria, condutor de autobús, tratamento de datos e documentos e operacións en servizos administrativos que formaron a 50 persoas con discapacidade.
As funcións do orientador/a laboral son informar á persoa sobre o mercado de traballo, sobre as ofertas de emprego existentes, sobre as políticas dos servizos públicos de emprego e informar sobre formación de interese adaptada a cada persoa, ademais de contactar coas empresas para lograr captar ofertas de traballo e para sensibilizar ao empresariado na contratación de persoas con discapacidade. En 2014 contactouse con 67 empresas na comarca para dar a coñecer o servizo.
Unha das innovacións do SIL inicia en 2015 coa apertura dun perfil de Facebook (SIL COGAMI) no que se publicarán ofertas de emprego, convocatorias de interese, cursos, etc. e contestará aquelas dúbidas que poidan xurdir entre as persoas usuarias. O teléfono de contacto do SIL é 982 253 332 e o correo sillugo@cogami.es